viernes, 27 de junio de 2014

MEMORIA EQUIPO MATAORCOS



1.- Organización do equipo para as probas do xogo e documentación consultada.
A participación do equipo no concurso Consumópolis 9, englobouse dentro da materia de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras de 3º ESO.  Na nosa clase fixemos 3 equipos de 5 membros cada un, e decidimos poñerlle o nome de MATAORCOS, xa que todos eramos homes e queríamos demostrar a todos a nosa forza e empeño por conseguir o mellor resultado no concurso.
Como fontes documentais usamos as fichas pedagóxicas incluidas no propio concurso, así como o material complementario que a profesora ía subindo ao blog de clase: www.emprendenasbarxas.blogspot.com.es
A formación teórica, destinamos 4 sesións, relativas ao consumo responsable, no que destacamos:
a) “El cederrón didáctico” de www.consumehastamorir.es, co que vimos e traballamos vídeos sobre consumo responsable, publicidade e contrapublicidade.
b) Fichas pedagógicas de Consumópolis:
·      Bloque A, consumo reflexivo: Derechos del consumidor, arbitraje, asociaciones de consumo, comercio electrónico, Internet, redes sociales, telefonía.
·      Bloque B, consumo y nuevas tecnologías
Despois fumos durante 3 sesións a aula de informática, onde levamos a cabo o percorrido pola cidade e logo resolvimos a proba do banco de puntos.
Posteriormente, nas nosas casas, intentamos mellorar un pouco as puntuacións obtidas cos xogos, xa que no instituto temos moitos problemas coa conexión a Internet.
Foi unha actividade moi amena e interesante coa que disfrutamos moito

2.- Organización do equipo para a realización do cartel, fontes documentais consultadas, ferramentas dixitais e materiais utilizados.
Para a elaboración do cartel tivemos unha formación teórica na clase de 3 sesións, onde se nos explicou a lectura da imaxe, cómo elaborar un cartel e algunas das técnicas máis habituais: Photoshop, Gimp.. A nosa profe de Plástica, Luz, deunos as instrucións para comenzar a elaboralo. Cada un dos membros do grupo fixo 5 bocetos a lápiz relacionados co tema, escollemos o que máis nos gustaba e o completamos con detalles dos outros.
Logo, entre todos, fixemos unha chuvia de ideas e pensamos un eslogan que tivera que ver co tema escollido.
Cando xa tíñamos as dúas partes do traballo, fixemos unha foto ao debuxo e o manipulamos co photoshop.

3.- Anexo fotográfico das actividades realizadas.










4.- Valoración da experiencia
As actividades foron moi interesantes e divertidas. Permitiunos traballar en equipo, resolver conflitos e tomar decisións de forma consensuada. Ademási aprendemos moito sobre a importancia dun consumo responsable sobre todo no uso das redes sociais, e fomos conscientes do perigo que supoñen certos comportamentos moi habituais entre nós.


No hay comentarios:

Publicar un comentario